lunes, 23 de junio de 2014

Ola amigos/as. Xa rematamos o curso.., que ben o pasamos, canto aprendemos e que rápido pasou o tempo!!!. Aínda non vai ser a última entrada que faga neste blog, polo tanto non me despido de momento!!!. Polo de agora deixovos unhas fotos das dúas últimas semanas, nas que celebramos, por un lado, os cumples dos nen@s que cumplen cando non hai cole: Brais, Érick e Lucía..., e por outra banda, o cumple de Mateo e o de Bryan, que celebramos na última semana de cole. Pasámolo xenial.., trouxeron uns postres e unhas lambetadas riquísimas.., cantamos e bailamos un montón!!!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES A TOD@S!!!!!!

martes, 3 de junio de 2014

Boas!!!!, xa era hora de publicar as fotos da excursión a Santiago!!!. Foi unha saída increíble, pasámolo moi ben e vimos moitos sitios moi interesantes. En primeiro lugar visitamos a Cidade da cultura, o Gaías, onde nos estiveron ensinando unha exposición sobre a auga, na que había moitas esculturas moi extrañas que nos chamaron moito a atención, coñecemos a súa mascota, fixemos un taller etc... Máis tarde fomos ata Santiago e recorremos as súas fermosas rúas, facendo un trociño do camiño de Santiago, e gañando así a "compostelana".., paseamos arredor da catedral e vimos algún personaxe "raro" .., xa o veredes nas fotos!!!!.Logo de comer e xogar un rato entramos na catedral!!!, que grande e impresionante é!!!!. A verdade é que foi unha excursión xenial!!!!. Foi unha pena que o noso Mateo non se animase a vir, seguro que o ía pasar moi ben!!!!