martes, 3 de junio de 2014

Boas!!!!, xa era hora de publicar as fotos da excursión a Santiago!!!. Foi unha saída increíble, pasámolo moi ben e vimos moitos sitios moi interesantes. En primeiro lugar visitamos a Cidade da cultura, o Gaías, onde nos estiveron ensinando unha exposición sobre a auga, na que había moitas esculturas moi extrañas que nos chamaron moito a atención, coñecemos a súa mascota, fixemos un taller etc... Máis tarde fomos ata Santiago e recorremos as súas fermosas rúas, facendo un trociño do camiño de Santiago, e gañando así a "compostelana".., paseamos arredor da catedral e vimos algún personaxe "raro" .., xa o veredes nas fotos!!!!.Logo de comer e xogar un rato entramos na catedral!!!, que grande e impresionante é!!!!. A verdade é que foi unha excursión xenial!!!!. Foi unha pena que o noso Mateo non se animase a vir, seguro que o ía pasar moi ben!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario